Seguidores

4/28/2020

Etradcovid19 .Violín. Muiñeira do repertorio Aires da Terra

ETRADCOVID19. Aula de Violín
Violín Medio
Muiñeira  do cancioneiro de Perfecto Feijoó

Unha nova muiñeira nova. Pertenece ao cancioneiro do coro Aires da Terra, que foi publicado por J.Luís Calle. Un cancioneiro indispensable para os amantes da música galega, e que contén o cancioneiro de D.Perfecto Feijoó, o boticario de Pontevedra e director do Coro. Ademáis neste libro inclúense ademáis das partituras manuscritas, fotos de muy alta calidade e uns textos  que nos permiten coñecer a vida deste senlleiro coro tradicional, que foi o referente tralo cal se crearon moitos coros dun estilo semellante en toda Galicia.

Nado en 1883, Aires da Terra foi un coro popular cuxo nome pode poñerse en relación con Aires da miña terra, de Curros Henríquez. Aires da Terra foi orixinalmente un grupo reducido de coñecidos, que se reunían na botica pontevedresa de Perfecto Feijóo, na praza da Peregrina. Lanzaron á sociedade do seu tempo a mensaxe de que a Galicia rural, non era debedora de condescendencia nin merecía o desdén co que se a trataba: confiaban nos seus valores e querían que fosen coñecidos e respectados[1].

ESta muiñeira foi gravada co nome de "Vinde rapazas" por Treixadura no seu segundo disco, Unha noite no muiño. Tamén a podedes escoitar nunha versión moito máis ecléctica por Roi Casal, quen a incluíu no seu primeiro disco "Lendas Douradas" co nome de "O voso cantar"

Partitura en Musescore

FOX DOS SEIS. LINHO DO CUCO

ETRADCOVID19: Aula de Violín Folk
AULA ABERTA / CONXUNTO 2
FOX DOS SEIS DO CONDADO
PARTITURA INTERACTIVA
Este fermoso pasodoble ,podémolo escoitar no  3ºdisco de Linho do  Cuco: "Viva Viva",  aparece co nome de Fox dos Seis do Condado, nunha mestura cún fox moi popular. 

"O fox foi un dos ritmos de moda nos anos de entreguerras que as orquestinas e murgas da época incluíron dentro dos repertorios. “Mi casita de papel”, composta na década dos 30 do século pasado, volveu ser popularizada pola Orquesta Radio Topolino nos anos 80. A Banda de Veteranos de Lalín toca unha fermosa versión desta peza nunha gravación de campo realizada no ano 1989 durante as festas do Monserrat ( Donramiro, Lalín)"
Linho do Cuco é un grupo de Lalín, capitaneado polo noso mestre de Acordeón diatónico: Carlos Quintá (que tamén é un excelente violinista ). Podedes escoitar a música deste incomparable grupo  neste enlace. Toda a súa música está en aberto, se pescudades un pouco, podedes atopar unha fantástica versión do noso ben coñecido pasodoble de Mallou, que bordan na súa versión, sempre un tanto ecléctica, pero cuns arranxos que son unha lección maxistral de harmonía e orquestación.

Pablo Pardo: Frautas//Flutes
Benxamín Otero: Oboe//Corno Inglés//English Horn
Carlos Quintá: Acordeón diatónico//Diatonic accordion
Pablo Bernárdez: Zanfona// Hurdy gurdy
Xián Herrera: Gaitas// Bagpipes
Pablo Doval: Tubas// Tubas
Michel Touriño: Bombo//Bass drum
Marcos Pérez: Percusións//Percussions

Fox Trot Popular do repertorio da murga Os seis do Condado//“Mi Casita de Papel”, música de Fco. Codoñer, Maestro Lito, e letra de M. Godoy//Arranxo de Pedro Pascual para Linho do Cuco.

4/27/2020

RUMBA DO RASS. ENTRETRASTES

ETRADCOVID19. Aula de Violín
Violín Básico
RUMBA DO RASS
Unha rumba moi sinxela gravada no último disco dos ENTRETRASTES. Entretrastes é un grupo de Vigo creado polo noso mestre de Corda e Requinta, Xose Liz, composto por instrumentos de corda: mandolina, bouzouki, guitarra e contrabaixo. Teñen dous discos no mercado e recentemente presentaron o seu disco UMAMI, un disco grabado en directo durante o seu concerto o pasado día 8 de Maio no Teatro Rosalía De Castro de A Coruña finalizando a gala de entrega dos XVIII Premios Opinión da Música de Raíz.
A gravación completa que aparece no disco inclúe dúas rumbas, a de Pontepedriña e a do Rass.
PARTITURA MUSESCORE

4/22/2020

ETRADCOVI19 .BEGOÑA RIOBÓ.

ETRADCOVID19: Aula de Violín Folk
Clases maxistráis do Stay at home festival
BEGOÑA RIOBÓ
PREME NO LINK PARA ACCEDER AO VÍDEO

Durante o mes de Marzo, tivo lugar  un festival online internacional organizado por María San Miguel, Galen Fraser e Diego San Miguel no que participamos moitos dos mestres da Etrad: Anxo Pintos, Begoña Riobó, Xisco Feijoó, Xose Liz e Alfonso Franco. Ademáis unha das semanas adicouse a workshops de diferentes mestres, entre eles o da nosa profesora de Arpa, un referente a nivel mundial de violín folk. 
Nesta entrada do blogue quero achegarvos a súa clase, feita, como non dende a súa casa e que comeza dun xeito moi coronavirus.
No link tendes varios mestres, pero o de Begoña Riobó empeza as 02:00h do vídeo.
Disfrutádeo. Aprenderedes unha muiñeira de Manuel do Pazo e unha jota da Fonsagrada: Xota Lucense.

4/21/2020

ALFONSO FRANCO. CLASES ONLINE OREGÓN

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk
Clases de violín galego en Oregon (USA)

 Durante esta semana, do 20 ao 25 de Abril, o mestre de violín folk da E-trad está a impartir clases de violín galego na plataforma educativa internacional Fiddle Quest, coa que Alfonso Franco colabora dende hai varios anos. Afincada en Oregon, esta escola ten alumnos de todo o planeta, e desenvolve un sistema de ensino do fiddle baseado na transmisión oral ao 80%, tendo como obxectivo primeiro acostumar aos seus alumnos, dende o seu comezo, a desenvolver a capacidade de aprendizaxe prescindindo das partituras. Nela colaboran grandes violinistas de distintas partes do mundo, podedes asistir ás súas aulas gratuitamente durante o tempo que dure a cuarentena.  


Por mor da situación do COVID19, as aulas son totalmente gratuítas. 
Cada día da semana de 20:00/20:30h (Madrid)
As clases son impartidas en espanglish 😅



4/20/2020

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. VIOLÍN FOLK BÁSICO 2º/3º PASACORREDOIRAS DE VILALBA

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
Aula Aberta / Violín Medio
Pasacorredoira de Vilalba
PARTITURA INTERACTIVA

Este pasacorredoiras tradicional de Vilalba está interpretado dun xeito "pouco tradicional", cún marcado tempo de swing,  ao estilo dos ragtime dos anos vinte do século pasado. Deste xeito, a escrita que aparece na partitura, pese a que contén as mesmas notas, difire moito do que se interpreta no vídeo. Por tanto recoméndovos que aprendades ben a peza, coa versión lenta e sen swing para coñecer ben as notas e despois tentade aplicarlle o estilo.


WIKI:
En jazz y estilos musicales relacionados, el término swing es utilizado para describir la "sensación" rítmicamente expansiva o el sentido de "groove" creado por la interacción entre los intérpretes de la banda, especialmente cuando la música crea una "respuesta visceral" como el movimiento impulsivo de pies o de cabeza.
El término "swing" también se utiliza para referirse a varios conceptos diferentes del jazz como el shuffle (una secuencia desigual de notas) o el género musical del swing, un estilo que se originó en los años 1930.

ETRADCOVID.Violín Folk. Medio e Avanzado. Muiñeiras de vilanova e Monterrei

ETRADCOVID19. AULA DE VIOLÍN FOLK
MEDIO E AVANZADO
MUIÑEIRAS DE VILANOVA E MONTERREI
Esta peza está composta por dúas muiñeiras: a de Vilanova e a de Monterrei.
Estas dúas danzas aparecen por vez primeira xuntas no disco de Milladoiro: "Castellun Honesti", publicado no ano 1989. A introducción dun sintetizador facendo ritmo de muiñeira ao máis puro estilo dos 80s, foi todo un hito dentro do incipiente folk galego, non acostumado todavía a esas "modernidades". Malia estar titulada só  como muiñeira de Vilanova, o fragmento co empeza pertenece á muiñeira de Monterrei, concretamente a súa parte A, prescindindo da súa parte B. PARTITURA DE MUIÑEIRA MONTERREI 

A muiñeira de Monterrei foi empregada polo virtuoso Pablo sarasate na súa obra para violín e orquestra opus 32 "Muiñeira". Durane moitos anos a única versión existente dela, deixaba moito que desexar. Recentemente  NAXOS ven de publicar unha gravación de Tianwa Yang bastante mellor.
A versión máis coñecida nas nosas terras desta obra non está interpretada por un violinista si nón por un frautista: o gaiteiro Carlos Núñez.






4/18/2020

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. VIOLÍN FOLK INICIACIÓN. VEÑO DA VIRXE DA BARCA

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
VIOLÍN FOLK INICIACIÓN. VEÑO DA VIRXE DA BARCA 
Esta melodía é un canto de romeiros en homenaxe á Virxe da Barca de Muxía. Alí van milleiros de romeiros cada ano a abalar a Pedra.

PARTITURA INTERACTIVA
Nesta partitura tendes 3 AUDIOS : INICIACIÓN - MEDIO -BÁSICO
Iniciación: Tendes que recoller o arco cada vez que remata a frase e comezar de novo co arco abaixo. A segunda parte , máis apuntillada a tocaremos en negras, facilitando a execución da mesma. Con respecto ao tema orixinal existen algunhas variacións de notas para facilitar a súa execución si sodes principiantes. Tendes a posibilidade de escoitar a versión dixital na que a partitura é executada exactamente como a versión orixinal.
Básico: Os mesmos arcos que en iniciación, pero facendo os puntillos da segunda parte tal e como son na peza orixinal.
Medio: Interpretada a ritmo de vals con un aire máis vivo. Dobles cordas e articulación máis pronunciada e fora da corda.

ETRADCOVID19. AULA DE VIOLÍN FOLK VIOLÍN FOLK MEDIO . PASODOBLE DE NEGREIRA

ETRADCOVID19. AULA DE VIOLÍN FOLK
VIOLÍN FOLK MEDIO . PASODOBLE DE NEGREIRA 
Premer para PARTITURA INTERACTIVA E VÍDEO

Na partitura interactiva podedes escoller entre as dúas gravacións de vídeo. Unha empeza co violín só e despois incorpora a guitarra e aumenta a velocidade.
Unha vez o teñades aprendido, xa podedes tocar directamente coa segunda versión a tempo real.

VERSIÓN Harmónica, birimbau e gaitas

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. VIOLÍN FOLK BÁSICO 2º/3º Pasacorredoiras de Monel


ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
VIOLÍN FOLK BÁSICO 2º/3º 
Pasacorredoiras de Monel
PREME PARA IR A VÍDEO E PARTITURA INTERACTIVA


O disco de Pablo Quintana titulado "O cego andante", un dos traballos editados máis importantes da historia da música tradicional do país.

O traballo de Quintana foi editado orixinalmente en 1982 por Ruada, a primeira empresa discográfica que se fundou en Galicia.
O nove temas que integran o disco serven como unha viaxe imaxinaria polo país, xa que recollen diversos temas vocais e instrumentais de diversas zonas xeográficas da comunidade. Este eixo temático sobre o que vira o compacto motivou que se titulase Ou cego andante , e serviu de homenaxe aos cegos cantores que percorrían Galicia levando a música dun lugar a outro.
Pablo Quintana estivo acompañado durante a gravación, por músicos de tanta traxectoria como Michel Canadá, logo compoñente de Milladoiro, e o tamén violinista Tomás Garrell.



4/14/2020

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. VIOLÍN FOLK Medio POLSKA

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
VIOLÍN FOLK Medio
POLSKA
Slangspolska effer del Kalle
A pesar de que desde o século XIX en Suecia bailábase moito as danzas mais difundidas en Europa (valses, polcas), a mais importante e xenuína deste país é a polska, que non hai que confundir coa polca europea de ritmo binario comparada co ritmo ternario do vals, que só acentua o primeiro do tres tempos, a polska dá enfasis ao 1er. e 3er. tempo, até o punto de que os mesmos musicos golpean o pé para marcalos intensamente.

 A polska ten un intrincado pero fluído ritmo ternario, nalgúns casos de extraordinaria complexidade similar ao que se pode achar na danza dos paises balcanicos.

Väsen É unha banda de música folk sueca orixinaria de Uppsala. Orixinalmente formada por Olov Johansson (nyckelharpa), Mikael Marin (viola) e Roger Tallroth (guitarra). Recentemente publicaron unha longametraxe coma homenaxe aos seus 30 anos de carreira. Premendo aquí podedes botarlle unha ollada ao seu trailer.

A Banda das Crechas é unha agrupación residente nun coñecido pub dre Santiago de Compostela que cada mércores se xunta para facer unha foliada no local. Teñen gravados dous discos, e do primeiro deles, chamado ABDC, traemos esta polska que versionaron do grupo sueco Väsen.




PARTITURA MUSESCORE

4/13/2020

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk A Danza de Eva Castiñeiras

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk
A Danza de Eva Castiñeiras
Nova peza para  VIOLÍN FOLK Básico 2º/3º

PREME NESTE LINK PARA PARTITURA INTERACTIVA

Eva Castiñeriras era unha muller dun gran talento que vivía na Coruña cando a mediados dos anos 80, Pablo Quintana fixo un dos discos máis importantes para os que nos adicamos ao emprego do violín na música tradicional galega. 
Estámonos referindo ao primeiro volume de "Recolleita", no que xunto ás pezas gravadas á sra Eva, aparecían tamén unha escolma de melodías cantadas e instrumentais do noso "Florencio dos Vilares", e que teremos oportunidade de ir escoitando nas vindeiras semanas.
Unha das pezas incluídas neste disco, é a "Danza", unha peza popularizada por Milladoiro, gravado na Arxentina, ao vivo. Eles lle denominaron "Rompeu a chiculateira". A parte instrumental coa que comeza a presente partitura é de composición propia de Milladoiro.
PDF PARTITURA MUSESCORE

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. Golpe de Carballiño

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
Golpe de Carballiño
Nova peza para  VIOLÍN FOLK Básico 1º
PREME NESTE LINK PARA PARTITURAINTERACTIVA
O Golpe de Carballiño é unha das dúas danzas que conforman o"O Brincadeiro", nome co cal denominou o grupo Milladoiro a un dos seus grandes éxitos, indispensable no seu repertorio dende que fora incluído no seu segundo disco "O Berro seco", alá polo ano 1980.
O Golpe, é unha variante de muiñeira, e foi recollida co número 338 por Casto Sampedro no seu cancioneiro.


Nesta versión atoparedes un golpe que se chama "CHOP", e que consiste en golpear enérxicamente o arco contra as cordas na parte máis cercana ao talón, producindo un son semellante ao dunha caixa de batería, seco e incisivo.





4/07/2020

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. RUADA DE REBORDELO

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
RUADA DE REBORDELO
Nova peza para  VIOLÍN FOLK Medio 1



ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. AULA ABERTA. RUMBA DEL TOPO. 4º Boletín

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
AULA ABERTA .
RUMBA DEL TOPO (vídeo)
DIEGO GALAZ

Rumba procedente de Burgos.
Popularizada por Diego Galaz.
Premendo no seguinte link serás enviado á partitura interactiva.
Tema orixinal na tonalidade de Sol M.
Escrita en compás de 4/4. 

Diego Galaz

Diego Galaz é un violinista atípico. O seu son é persoal e único, e a súa forma de entender o instrumento representa a unha nova escola practicamente inexistente anteriormente no noso país. Membro da mítica banda de música A Musgaña, coa que tocou por máis dunha vintena de países, e violinista da orquestra de Nacho Mastretta, é fundador de bandas como "Zoobazar, A apaixonante música de cinema xunto a Luís Delgado e Cuco Pérez, Bailes Vespertinos ou o dúo Fetén Fetén. Tocou xunto a artistas da talla de Kroke, Marta Sebestyen ,Alasdair Fraser,Kepa Junkera, Jorge Drexler, Cormac Breatnach, Paixón Veiga..etc. Comparte a súa faceta de intérprete coa de profesor, sendo mestre en dous dos Fiddle Camp que dirixe o prestixioso violinista Alasdair Fraser: Sierra fiddle camp en California Crisol de Corda en España, ademais de impartir cursos e clases maxistrais en diferentes centros de ensino musical, como, por exemplo, a Escola de Música Creativa de Madrid ou a aula de Musica Tradicional I Popular de Barcelona. Tamén compuxo música para bandas sonoras como Alén da rúa, de Liño Varela e para espectáculos de danza , e as súas composicións pódense escoitar en museos como o Museo da Transhumancia ou o Museo dos Castros celtas, en Soria. Diego Galaz é o director artístico e creador do  Festival de Intérpretes e Instrumentos Insólitos de Burgos, o único deste tipo en España. A súa paixón son os Violíns trompeta e tocar o serrucho pola mañá.

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. Medio. Cursos 1º e 2º de violín folk. Salt Springs



Salt Spring 


Fermoso tema habitual nas sesións. Terma composto por John Richmondd e popularizado polo cuarteto Kinaris.
Premendo no seguinte link serás enviado á partitura interactiva e poderás practicar a melodía con acompañamento de guitarra mentres sigues a partitura.


Salt Spring (vídeo)



Tema orixinal na tonalidade de La M. Escrita en compás de 4/4. Consta dunha segunda parte baseada en notas brancas/pares de negras ligadas e na que practicaredes os arcos longos.

Unha vez que saibades tocar a melodía correctamente e con soltura, podedes animaros a escoitar e practicar coa melodía a tempo orixinal e con adornos e pasaxes de semicorcheas.

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. 2 e 3º Básico. Salt Spring 4º Boletín



Salt Spring (vídeo)

Fermoso tema habitual nas sesións. Terma composto por John Richmondd e popularizado polo cuarteto Kinaris.
Premendo no seguinte link serás enviado á partitura interactiva e poderás practicar a melodía con acompañamento de guitarra mentres sigues a partitura.
Tema orixinal na tonalidade de La M.
Escrita en compás de 4/4. Consta dunha segunda parte baseada en notas brancas/pares de negras ligadas e na que practicaredes os arcos longos.
Unha vez que saibades tocar a melodía correctamente e con soltura, podedes animaros a escoitar e practicar coa melodía a tempo orixinal e con adornos e pasaxes de semicorcheas.


KINNARIS QUINTET

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. PASODOBLE ROMÁNTICO


ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
Cursos 1º, 2º e 3º de MEDIO de violín folk

PASODOBLE ROMÁNTICO (da Fraga)

Rep Os Cempés
Os Cempés

Veleiquí un fermoso pasodoble de repertorio do mítico grupo de ferrolterra "Os Cempés". 
Neste link teredes acceso o arquivo executable onde está a partitura e o audio da versión que o grupo compostelán "Os Dabaixo" gravaran en directo no festival de Lorient.
Os Dabaixo