Seguidores

4/13/2020

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. Golpe de Carballiño

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
Golpe de Carballiño
Nova peza para  VIOLÍN FOLK Básico 1º
PREME NESTE LINK PARA PARTITURAINTERACTIVA
O Golpe de Carballiño é unha das dúas danzas que conforman o"O Brincadeiro", nome co cal denominou o grupo Milladoiro a un dos seus grandes éxitos, indispensable no seu repertorio dende que fora incluído no seu segundo disco "O Berro seco", alá polo ano 1980.
O Golpe, é unha variante de muiñeira, e foi recollida co número 338 por Casto Sampedro no seu cancioneiro.


Nesta versión atoparedes un golpe que se chama "CHOP", e que consiste en golpear enérxicamente o arco contra as cordas na parte máis cercana ao talón, producindo un son semellante ao dunha caixa de batería, seco e incisivo.





3 comentarios:

  1. Estamos a traballar online coas netas. O golpe lle pegan ben.

    ResponderEliminar
  2. Que ben tocades, carallo!. Que doado parece cando o facedes vos!

    ResponderEliminar
  3. Mil grazas polas partituras, están a ser de moita axuda!

    ResponderEliminar