Seguidores

3/31/2020

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. Básico. Curso Preparatorio de violín folk A REGUEIFA


ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
Básico. Curso Preparatorio de violín folk

A REGUEIFA

A regueifa vídeo

Que é a Regueifa e cal é a súa orixe?

A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral, se perde na noite dos tempos. A súa referencia máis próxima a nós di que durante o banquete das vodas campesiñas era tradición que a parella ou a madriña d@s acabad@s de casar puxese a disposición d@s que non foran convidad@s á celebración un bolo de pan chamado “regueifa”. Ademais, a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartir a regueifa, molete ou biscachón entre @s presentes era retarse dialecticamente entre el@s, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.
PARTITURA INTERACTIVA E VÍDEO



  • Esta é a primeira Jota que imos aprender. É moi sinxela e se toca únicamente nunha corda
  • Antes de comezar a aprender esta peza, tendes que practicar o patrón rítmico da Jota, para interiolizalo.
  • A primeira parte, que lle chamamos A, é máis enérxica e ten un ritmo de Jota moi marcado, que corresponde no baile á parte do "punto". 
  • Nesta parte tendes que empregar dobles cordas. A nota que empregamos como dobre corda corresponde á LA. Observade que sempre aparece na primeira parte do compás, reforzando o acento.
  • Na segunda parte, máis lírica, corresponde ao canto, e no baile á "volta". Aquí empregaremos un arco maior.
  • Vedes que na primeira parte as dúas voces tocan a unísono -os dous tocan o mesmo-, pero na segunda se desdoblan unha voz fai a de arriba e outra á de abaixo.

3/25/2020

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.Valse de Taramundi


ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
Básico 1º e 2º


Valse de Taramundi
Un fermoso valse popularizado pola gaiteira Susana Seivane no seu primeiro disco, na miña opinión o mellor da súa carreira. Foi producido polo director da ETRAD, Rodrigo Romaní.









Comezamos a traballar na tonalidade de DO Maior.

  • Antes de traballar a melodía, compre practicar a escala de DO. No exercicio adxunto veredes que hai distintas posibilidades de tocar a escala de Do.NOn esquezades poñer o metrónomo en 100
  • Atentos ao DO natural (poño o sígno BECUADRO) para que non vos despistedes co DO#, que foi o DO que tocamos ata agora. (En Do Maior o dedo 1 da corda La está pegado ao dedo 2)
  • Comezamos a traballar o 4º dedo. Ollo, só o empregamos cando subimos na escala, polo que cando veñamos de volta veredes que aparece un "0" sobre os RE e os LA, para que toques a corda ao aire
  • Atentos ás ligaduras.
  • Non esquezades que ao rematar a primeira frase, cado repite dende o principio, temos que levar rápidamente o arco hacia a parte baixa do mesmo, xa que coinciden dous arcos abaixo, porque na última nota DO agotamos o arco e temos que ir hacia o talón para comezar de novo a melodía co arco hacia abaixo.

PARTITURA INTERACTIVA E VÍDEO

3/24/2020

ETRADCOVID19. Aula de VIOLÍN FOLK..CIEL D´AUTOMNE La Bouttine Souriante

ETRADCOVID19. Aula de VIOLÍN FOLK. Nova entrada. 

Audio e partitura para as aulas Violín Folk MEDIO 1º CURSO e BÁSICO 3º


CIEL D´AUTOMNE
La Bouttine Souriante
 








Ciel D`Automne PARTITURA INTERACTIVA e AUDIO
Unha fermosa melodía do violinista quebecoise "André Brunet" gravado no disco da Boutinne Souriante : XIÉME
Partitura Ciel D`Automne pdf

ETRADCOVID19. Aula de VIOLÍN FOLK CRACOVIA


ETRADCOVID19. Aula de VIOLÍN FOLK

CRACOVIA

Un tema pertencente ao disco de Berrogüetto: "10.0"
Unha composición do acordeonista Santiago Cribeiro inspirado nas músicas do Leste Europeo.

PARTITURA INTERACTIVA E AUDIO









ETRADCOVID19. DINAVALSEN


ETRADCOVID19. Aula de VIOLÍN FOLK
DINAVALSEN
Violín Folk. Itinerario medio


Un tema tradicional de Noruego.
Interpretado polo dúo formado pola violinista Britt Pernille Froholm e a acordeonista Irene Tulling.

Premer  DINAVALSEN para activar a partitura executable e o audio.




3/17/2020

ETRADCOVID19.A RIANXEIRA

ETRADCOVID19. Aula de VIOLÍN FOLK
Básico 2º/3º

“A RIANXEIRA”, O HIMNO DA EMIGRACIÓN

A Rianxeira é unha peza que gañou tanta popularidade que agora e o himno non oficial de Galicia. Non e posibel imaxinar una festa de galegos, onde as súas coplas non son cantadas. Con todo, non é A Rianxeira froito de folclore galego. A Rianxeira é a canción dos inmigrantes galegos, os seus fillos, netos e aqueles que non tendo ascendencia galega o son tamén por ter lazos de familia.  Están espallados por todo o mundo onde as tradicións se atopan mesturadas. Familia, saudade, aldea… A memoria dos devanceiros  que estaban na amada e ansiada Galicia.
Bos Aires é considerada a quinta provincia galega.  E precisamente nesta cidade, en 1947, Xesús Frieiro Dourado «Pinciñas» foi o seu autor. Tiña a man un amplo repertorio de cancións populares de Rianxo dedicado á Virxe de Guadalupe, cuxa festividades comenzan todos os anos desde 1854, o primeiro domingo post-08 de setembro. A continuación, o emigrante Anxo Romero Loxo, que entón dirixía a Rondalla Castelao en Bos Aires escribiu a música. 
Orixinalmente o seu nome era «Ondiñas da Nosa Ría» e foi dedicado a conmemorar a visita de Alfonso Rodríguez Castelao. Foi lanzada en 1950, e popularizouse en Galicia anos despois, pero só a súa melodía foi preservada. A Rianxeira tamen forma parte das pezas musicais que se cantan en Balaidos cando xoga o Celta. Hai máis dunha versión da letra da canción.


 Esta letra de «A Rianxeira» é cantada no último día do festival da Guadalupe en Rianxo, e é tamén o máis popularmente coñecido nos nosos días:
A Virxe de Guadalupe / cando vai pola ribeira. (bis)
descalciña pola area / parece unha Rianxeira.(bis)
RETROUSO:
Ondiñas veñen bis,bis / ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira / que te vas a marear. (bis)
II
A Virxe de Guadalupe / cando vai para Rianxo(bis)
a barquiña que a trouxo / era de pao de laranxo (bis)
III
A virxe de Guadalupe / quen a fixo moreniña,(bis)
foi un raiño de sol / que entrou pola ventaniña. (bis)


Con todo, hai outra versión da letra: a orixinal, como foi rexistrada no Bos Aires, por primeira vez:
I
Moito me gustas rianxeira / que estás eiquí na Arxentina
verche cantar e beilar-e / coma alá na terra miña. (bis)
ESTRIBILLO
Ondiñas veñen / ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira / que te vás a marear. (bis)
II
Que guapa estabas rapaza / cando che vín na ribeira,
tiñal-a cara morena / coma a virxe rianxeira. (bis)
III
A virxe de Guadalupe / vái no yate de Baltar,
lévana os rianxeiros / a remolque polo mar. (bis)
(ROBERTO OSCAR REQUEJO,  DESDE BÓS AIRES)


NESTA PARTITURA TENDES A POSIBILIDADE DE TOCAR en REM SEGUINDO A GRAVACIÓN DO AUDIO ORIXINAL, PERO TAMÉN PODEDES FACELO ESCOITANDO O MIDI. 
SI ESCOLLEDES O MIDI PODEREDES CAMBIAR A TONALIDADE E PRACTICAR NOUTRAS TONALIDADES

LEMBRANDO A XENIALIDADE DE RUSHAD NA ETRAD NO ANO 2013


NAS VINDEIRAS DATAS IREMOS POÑENDO PARTITURAS, VÍDEOS E CURIOSIDADES DO VIOLÍN, ASÍ COMO AS DISTINTAS PEZAS CORRESPONDENTES A CADA AULA DA ETRAD