Seguidores

4/14/2020

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk. VIOLÍN FOLK Medio POLSKA

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
VIOLÍN FOLK Medio
POLSKA
Slangspolska effer del Kalle
A pesar de que desde o século XIX en Suecia bailábase moito as danzas mais difundidas en Europa (valses, polcas), a mais importante e xenuína deste país é a polska, que non hai que confundir coa polca europea de ritmo binario comparada co ritmo ternario do vals, que só acentua o primeiro do tres tempos, a polska dá enfasis ao 1er. e 3er. tempo, até o punto de que os mesmos musicos golpean o pé para marcalos intensamente.

 A polska ten un intrincado pero fluído ritmo ternario, nalgúns casos de extraordinaria complexidade similar ao que se pode achar na danza dos paises balcanicos.

Väsen É unha banda de música folk sueca orixinaria de Uppsala. Orixinalmente formada por Olov Johansson (nyckelharpa), Mikael Marin (viola) e Roger Tallroth (guitarra). Recentemente publicaron unha longametraxe coma homenaxe aos seus 30 anos de carreira. Premendo aquí podedes botarlle unha ollada ao seu trailer.

A Banda das Crechas é unha agrupación residente nun coñecido pub dre Santiago de Compostela que cada mércores se xunta para facer unha foliada no local. Teñen gravados dous discos, e do primeiro deles, chamado ABDC, traemos esta polska que versionaron do grupo sueco Väsen.




PARTITURA MUSESCORE

3 comentarios:

  1. Unha pasada e por a Banda das Crechas ainda me gosta mais.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias a ETRAD e sobre todo moitas gracias Alfonso. O blog é unha marabilla e as pezas fermosísimas. Moitas gracias por este gran traballo que estás a facer e por axudar a manter os teus alumnos e ex-alumnos motivados en todo momento. Estes tempos de confinamento son moito mais doados de levar gracias a estas iniciativas xeniais que tes. Todo un luxo ter un profe así.

    ResponderEliminar