Seguidores

4/13/2020

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk A Danza de Eva Castiñeiras

ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk
A Danza de Eva Castiñeiras
Nova peza para  VIOLÍN FOLK Básico 2º/3º

PREME NESTE LINK PARA PARTITURA INTERACTIVA

Eva Castiñeriras era unha muller dun gran talento que vivía na Coruña cando a mediados dos anos 80, Pablo Quintana fixo un dos discos máis importantes para os que nos adicamos ao emprego do violín na música tradicional galega. 
Estámonos referindo ao primeiro volume de "Recolleita", no que xunto ás pezas gravadas á sra Eva, aparecían tamén unha escolma de melodías cantadas e instrumentais do noso "Florencio dos Vilares", e que teremos oportunidade de ir escoitando nas vindeiras semanas.
Unha das pezas incluídas neste disco, é a "Danza", unha peza popularizada por Milladoiro, gravado na Arxentina, ao vivo. Eles lle denominaron "Rompeu a chiculateira". A parte instrumental coa que comeza a presente partitura é de composición propia de Milladoiro.
PDF PARTITURA MUSESCORE

2 comentarios:

  1. Das cousas que mais me gustan da etrad e que ademáis de ensinarche música ensinanche tamén cultura galega e aprendes a cantidade de versión da nosa música que hai por todos lados, como esta danza. Seguide así por favor!

    ResponderEliminar
  2. A verdade que é de agradecer este reinventarvos de xeito tan creativo e lograr en tan pouco tempo un universo e-trad en liña. Grazas, Alfonso!
    E grazas tamén ao resto do profesorado!

    ResponderEliminar