Seguidores

5/26/2020

ETRADCOVID19. Aula de violín folk Primeiros pasos no violín. "As 12 prohibicións" III

ETRADCOVID19. Aula de violín folk
Primeiros pasos no violín. "As 12 prohibicións" III
Seguimos coas tres seguintes cousas que non debes de facer cando empezas a tocar o violín, e que por suposto, debes de correxir se non as tiveches en conta nos teus primeiros pasos.


1- Non subas o ombreiro esquerdo
2- Non adiantes o pescozo
3- Non inclines a man esquerda
4- Non movas o brazo cando toques no centro do arco
5- Non deixes o codo abaixo cando toques nas cordas Re e Sol
6- Non subas o ombreiro dereito cando toques

ETRADCOVID19. Aula de Violín. BÁSICO. Na boca do demo. Os Campaneiros. 11º Boletín

ETRADCOVID19.Aula de Violín folk.
Na boca do demo
Preme no link para ir á partitura interactiva

Versión de Riobó. Na versión da banda de Begoña Riobó  "Riobó" podedes escoitar unha interesante adptación da peza en tono de MI menor.
Versión de Rodrigo Romaní: Versión para dúo de arpas e percusión.
BIOGRAFÍA DOS CAMPANEIROS

5/19/2020

ETRADCOVID19 . Aula de Violín Folk
Violín MEDIO.
Requinteada de Paulino PARTITURA INTERACTIVA
Repertorio de "Os Cempés"
Jota procedente do disco Opa gravado en directo polos Cempés, xunto coa xota de Acevedo, tamén composta polo gaiteio de Ferrol Paulino.

5/18/2020

ETRACOVID19. Aula de Violín Folk. Frank´s Reel

ETRACOVID19. Aula de Violín Folk
Violín Medio/Avanzado
Frank´s Reel. John McCusker
Preme no enlace para acceder á partitura interactiva

John McCusker é un músico folk escocés, produtor e compositor discográfico.  Foi membro da Battlefield Band na década dos noventa e posteriormente foi membro e produtor da cantante folk Kate Rusby. 
Versión orixinal de John McCusker
Versión de John McCusker con John Doyle y McGoldrick
Versión de Alasdair Fraser & Natalie Haas


PARTITURA MUSESCORE

ETRADCOVID19 . Aula de Violín Folk Violín INICIACIÓN . O GALO

ETRADCOVID19 . Aula de Violín Folk
Violín INICIACIÓN
Pasodoble "O GALO"
Preme para acceder á partitura interactiva
Un pasodoble moi tocado pola bisbarra de Vigo e que pertence ao repertorio dos Campaneiros de Vilagarcía

Esta coñecida peza vainos server para  traballar o 4º dedo, que normalmente adoitamos sustituilo pola corda ao ar.
Esta sinxela peza, que se pode tocar nunha sóa corda , unha vez aprendida na tonalidade de DO MAIOR (sobre a 3ª corda RE) , ímola empregar para traballar en Sol M (Sobre a 2ªcorda LA)  e en REM (sobre a corda 1ª MI)
Cando toquedes a peza a unha velocidade real, normalmente empregaredes a corda ao ar, pero compre estudala co 4º dedo para que vaia collendo forza.

Versión de Malvela (Do M)
Malvela 
As Malvela representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra. Cando hai máis de dez anos estas mulleres de Sanguiñeda (Mos) se xuntaron nun curso de canto impartido por Uxía, non podían nin imaxinar que chegarían a ser unha referencia da nosa música e que pasearían o seu ritmo e a súa alegría por teatros, festivais, verbenas e televisións.


Letra:
O galo cando canta é día,
é día, é día;
o galo cando canta é día,
vamos de baranda,
vamos todo o día.

E como somos tan gandules,
gandules,gandules;
e como somos tan gandules
vamos de baranda
de sábado a lunes.

E como somos da ribeira,
ribeira, ribeira;
e como somos da ribeira
vamos de baranda
a semana enteira.

ETRADCOVID19. Aula de violín folk. Danza do Rosal

ETRADCOVID19. Aula de violín folk.
DANZA DO ROSAL. Básico

Preme para acceder á PARTITURA INTERACTIVA

PARTITURA MUSESCORE

Versión Os Cempés (DoM)
Os Cempés foi un grupo musical de folk galego formado en 1992 en Ferrol.









Versión de Miro casabella (SolM)
Ramiro Cecilio Domingo Casabella López, mais coñecido como Miro Casabella, nasceu em Ferreira do Valadouro, a 30 de agosto de 1946. É um músico galego, que integrou no inicio da sua carreira o colectivo “Voces ceibes”, e posteriormente o grupo de folclore DOA.













Versión dúo de Gaita de Cana. David Bellas (Sib...)

5/13/2020

ETRADCOVID19. Violín folk medio/avanzado. Jota RIOMAO

ETRADCOVID19. Nova entrada na aula de Violín Folk. Todos os Ciclos. 9º Boletín

Preme no seguinte enlace para ir á PARTITURA INTERACTIVA DA JOTA DE RIOMAO

Esta jota, composta por Xoaquín Freixeiro está a ser moi popular entre os intérpretes de moitos instrumentos , a parte da gaita, para quen foi composta. Veleiquí uns cantos exemplos da jota en distintas tonalidades e con distintas interpretacións e ornamentacións.
Versión para requinta  SIm  (XOSE LIZ, con explicación previa)
Versión acordeón diatónico DOm (ACORDEONISTAS DA CORUÑA)
Versión violíns &guitarra SOLm (DADGA)
Versión cuarteto de gaitas Rem (FOL DE COIRO)


A tonalidade de Rem é a máis cómoda para interpretala co violín, xa que o arranque cromátco desta peza é máis doado cando coincide toda a frase na mesma corda.
PARTITURA MUSESCORE
Xoaquín Freixeiro: Nado en Vigo no ano 1962, comezou a tocar a gaita no ano 1976 dun xeito autodidacta. No 78 entrou a formar parte do grupo de gaitas do Ballet Galego de Maruja Méndez, de Barreiro, Vigo, formación na que permanece deica o ano 82 no que marcha ao servizo militar.
Á volta entra xunto a Ramón Rey e Ramón Duarte no cuarteto “Os Toxos do Monte”, que tocaban, entre outras formacións para o grupo de baile “Lembranzas Nosas” da Sociedade Cultural do Calvario, en Vigo. Tamén son anos de formación no Conservatorio de Música de Vigo que daquela tiña como profesor de gaita a Xaime Estévez.
No ano 95, por razóns de traballo, pasa a vivir no Barco de Valdeorras, e a relación musical cos Toxos do Monte, por mor da distancia, vaise facendo cada vez menos intensa, ata a súa extinción ala polo ano 2002, quedando uns anos apartado do mundo gaiteiro.
Na actualidade, dende o ano 2011, forma parte de Tornaxeira, sexteto de base tradicional no que toca a zanfona, proxecto artellado ao redor de Manolo Durán, director da banda de gaitas Abertal da Rúa de Valdeorras.

5/12/2020

ETRADCOVID19. AULA DE VIOLÍN. Florencio Cumbia

ETRADCOVID19. Nova entrada na aula de Violín Folk. Xeral. 
9º Boletín

O repertorio instrumental de Florencio, contiña moitas pezas aprendidas aos gaiteiros da comarca da Fontaneira, pero tamén adoitaba incluir, como era costume, melodías que escoitaba na radio ou das charangas ou "jazzband" que nada tiñan que ver coa tradición. Un exemplo disto está nesta cumbia "La luna ya está en el bote" que popularizaron en los años 60 el famoso grupo "Los tres sudamericanos". Tamén incluía melodías de Julio Iglesias e de cantantes de coplas. Esto foi un mecanismo de adaptación que empregaban os gaiteiros cando nos anos 50 e 60 coa chegada da radio e das novas orquestras, víronse desprazados e o seu repertorio tradicional ficaba antigo e desfasado para un público que desexaba escoitar novas melodías e ritmos, sobre todo os "agarrados".
Por isto temos que ten coidado cando asumamos como "tradicional" unha peza só polo feito de que o intérprete si o é. Neste caso, a melodía non sufriu casi alteración con respecto ao orixinal, e mesmo Florencio a presenta co seu nome real, pero en moitos casos, os músicos lle cambiaban o nome ou mesmo nunca o chegaron a coñecer e lle deron outro xenérico, como fox ou rumba, perdéndose autoría do mesmo e pasando a ser "tradicional"ou mesmo, en casos de mala fe, como composición propia so cambiando unha notas.


Florencio, "O Cego dous Vilares", Florencio López Álvarez, naceu en Pin, concello da Fonsagrada o 12 de abril de 1914, no seo dunha familia campesiña e de ebanistas. Quedou cego de neno por causa da viruela, desenvolvendo entón portentosamente outras facultades, como o sentido da orientación, asombrando ás xentes pola súa capacidade para percorrer os camiños, sabendo ir e volver a todas partes a pesar da súa cegueira. Para gañarse a vida un cego adoitaba tocar algún instrumento ou cantar, e por iso tras pasar a enfermidade o seu pai mandouna a que aprendese estas artes musicais doutro invidente, Xoán Santamarta. Como todos os músicos cegos, Florencio dispuña dunha gran capacidade para aprender melodías de oído e posteriormente interpretalas. Viviu en Fontaneira até os 14 anos, cando marcho a Vilares de Cubiledo, onde aprendeu a ser bo violinista e cantador con ese outro cego. Así se gañou o pan, indo de pobo en pobo e de casa en casa cantando romances e coplas populares, moitas veces baseadas en acontecementos reais, acompañado polo seu irmán Pascario, que era copleiro ou vendedor de coplas, chegando a ser unha gran institución en toda a comarca dá Fonsagrada, Baleira, e Ribeira de Piquín. Aos 54 anos volveu á Fontaneira, onde faleceu en 1986. Recompiláronse varias gravacións orixinais do seu bo facer, chegando a conseguir notoria fama e recoñecemento ao incluírse composicións súas no disco "Recolleita", xunto a Eva Castiñeira.


ETRADCOVID19. Aula de violín folk
Primeiros pasos no violín. "As 12 prohibicións" II
Seguimos coas tres seguintes cousas que non debes de facer cando empezas a tocar o violín, e que por suposto, debes de correxir se non as tiveches en conta nos teus primeiros pasos.


1- Non subas o ombreiro esquerdo
2- Non adiantes o pescozo
3- Non inclines a man esquerda

5/05/2020

ETRADCOVID19. Aula de violín folk Iniciación."As 12 prohibicións"

ETRADCOVID19. Aula de violín folk
Primeiros pasos no violín. "As 12 prohibicións"
Comezamos coas tres primeiras cousas que non debes de facer cando empezas a tocar o violín, e que por suposto, debes de correxir se non as tiveches en conta nos teus primeiros pasos.

1.         Non subas o ombreiro esquerdo
2.         Non adiantes o pescozo
3.         Non inclines a man esquerda



ETRADCOVID19. Aula de violín folk. Polca danesa.

ETRADCOVID19. Aula de violín folk
Preme no link para acceder á nova entrada de violín folk
Polca danesa NAFCO 2010

North Atlantic Fiddle Convention (NAFCO)
é a convención de fiddlers máis importante do mundo. A primeira edición tivo lugar en 2006 gracias ao apoio do Instituto Elphinstone da Universidade de Aberdeen (Escocia). A idea desta convención é a de xuntar violinistas e musicólogos dun lado e outro do Atlántico durante unha semana que está ateigada de clases maxistráis, talleres  de instrumentos, proxeccións de documentais,  concertos e moitas, moitas foliadas ata alatas horas da mañán.
Dunha destas foliadas provén esta animada melodía de orixen danés que podedes escoitar premendo neste link. No vídeo podedes ver a grandes figuras do fiddle internacional como BRUCE MOLSKY (USA), FROMSEIER HOCKINGS (Dinamarca)

Como sempre, podes optar por escoitar o vídeo orixinal ou unha versión máis lenta para violín só, o se prefires, a versión midi da partitura interactiva
PARTITURA EN MUSESCORE

5/04/2020

ETRADCOVID19. Aula de violín folk. O violín folk vigués na portada do Faro de Vigo.

ETRADCOVID19. Aula de violín folk. 
O violín folk vigués na portada do Faro de Vigo
O Faro de Vigo fíxose eco da actividade internacional, a nivel educativo e artístico, que Begoña Riobó e Alfonso Franco desenvolveron nas últimas semanas de confinamento. Ademáis dunha entrevista a Alfonso e Begoña, no xornal entrevistan a Geni, alumno da ETRAD de  3º de violín folk medio, quen aparece nunha das fotos participando aulas online que está a ofrecer a escola para os seus alumnos.
Preme para acceder ao artigo