Seguidores

4/28/2020

Etradcovid19 .Violín. Muiñeira do repertorio Aires da Terra

ETRADCOVID19. Aula de Violín
Violín Medio
Muiñeira  do cancioneiro de Perfecto Feijoó

Unha nova muiñeira nova. Pertenece ao cancioneiro do coro Aires da Terra, que foi publicado por J.Luís Calle. Un cancioneiro indispensable para os amantes da música galega, e que contén o cancioneiro de D.Perfecto Feijoó, o boticario de Pontevedra e director do Coro. Ademáis neste libro inclúense ademáis das partituras manuscritas, fotos de muy alta calidade e uns textos  que nos permiten coñecer a vida deste senlleiro coro tradicional, que foi o referente tralo cal se crearon moitos coros dun estilo semellante en toda Galicia.

Nado en 1883, Aires da Terra foi un coro popular cuxo nome pode poñerse en relación con Aires da miña terra, de Curros Henríquez. Aires da Terra foi orixinalmente un grupo reducido de coñecidos, que se reunían na botica pontevedresa de Perfecto Feijóo, na praza da Peregrina. Lanzaron á sociedade do seu tempo a mensaxe de que a Galicia rural, non era debedora de condescendencia nin merecía o desdén co que se a trataba: confiaban nos seus valores e querían que fosen coñecidos e respectados[1].

ESta muiñeira foi gravada co nome de "Vinde rapazas" por Treixadura no seu segundo disco, Unha noite no muiño. Tamén a podedes escoitar nunha versión moito máis ecléctica por Roi Casal, quen a incluíu no seu primeiro disco "Lendas Douradas" co nome de "O voso cantar"

Partitura en Musescore

1 comentario: