Seguidores

5/12/2020

ETRADCOVID19. AULA DE VIOLÍN. Florencio Cumbia

ETRADCOVID19. Nova entrada na aula de Violín Folk. Xeral. 
9º Boletín

O repertorio instrumental de Florencio, contiña moitas pezas aprendidas aos gaiteiros da comarca da Fontaneira, pero tamén adoitaba incluir, como era costume, melodías que escoitaba na radio ou das charangas ou "jazzband" que nada tiñan que ver coa tradición. Un exemplo disto está nesta cumbia "La luna ya está en el bote" que popularizaron en los años 60 el famoso grupo "Los tres sudamericanos". Tamén incluía melodías de Julio Iglesias e de cantantes de coplas. Esto foi un mecanismo de adaptación que empregaban os gaiteiros cando nos anos 50 e 60 coa chegada da radio e das novas orquestras, víronse desprazados e o seu repertorio tradicional ficaba antigo e desfasado para un público que desexaba escoitar novas melodías e ritmos, sobre todo os "agarrados".
Por isto temos que ten coidado cando asumamos como "tradicional" unha peza só polo feito de que o intérprete si o é. Neste caso, a melodía non sufriu casi alteración con respecto ao orixinal, e mesmo Florencio a presenta co seu nome real, pero en moitos casos, os músicos lle cambiaban o nome ou mesmo nunca o chegaron a coñecer e lle deron outro xenérico, como fox ou rumba, perdéndose autoría do mesmo e pasando a ser "tradicional"ou mesmo, en casos de mala fe, como composición propia so cambiando unha notas.


Florencio, "O Cego dous Vilares", Florencio López Álvarez, naceu en Pin, concello da Fonsagrada o 12 de abril de 1914, no seo dunha familia campesiña e de ebanistas. Quedou cego de neno por causa da viruela, desenvolvendo entón portentosamente outras facultades, como o sentido da orientación, asombrando ás xentes pola súa capacidade para percorrer os camiños, sabendo ir e volver a todas partes a pesar da súa cegueira. Para gañarse a vida un cego adoitaba tocar algún instrumento ou cantar, e por iso tras pasar a enfermidade o seu pai mandouna a que aprendese estas artes musicais doutro invidente, Xoán Santamarta. Como todos os músicos cegos, Florencio dispuña dunha gran capacidade para aprender melodías de oído e posteriormente interpretalas. Viviu en Fontaneira até os 14 anos, cando marcho a Vilares de Cubiledo, onde aprendeu a ser bo violinista e cantador con ese outro cego. Así se gañou o pan, indo de pobo en pobo e de casa en casa cantando romances e coplas populares, moitas veces baseadas en acontecementos reais, acompañado polo seu irmán Pascario, que era copleiro ou vendedor de coplas, chegando a ser unha gran institución en toda a comarca dá Fonsagrada, Baleira, e Ribeira de Piquín. Aos 54 anos volveu á Fontaneira, onde faleceu en 1986. Recompiláronse varias gravacións orixinais do seu bo facer, chegando a conseguir notoria fama e recoñecemento ao incluírse composicións súas no disco "Recolleita", xunto a Eva Castiñeira.


No hay comentarios:

Publicar un comentario