Seguidores

5/18/2020

ETRADCOVID19 . Aula de Violín Folk Violín INICIACIÓN . O GALO

ETRADCOVID19 . Aula de Violín Folk
Violín INICIACIÓN
Pasodoble "O GALO"
Preme para acceder á partitura interactiva
Un pasodoble moi tocado pola bisbarra de Vigo e que pertence ao repertorio dos Campaneiros de Vilagarcía

Esta coñecida peza vainos server para  traballar o 4º dedo, que normalmente adoitamos sustituilo pola corda ao ar.
Esta sinxela peza, que se pode tocar nunha sóa corda , unha vez aprendida na tonalidade de DO MAIOR (sobre a 3ª corda RE) , ímola empregar para traballar en Sol M (Sobre a 2ªcorda LA)  e en REM (sobre a corda 1ª MI)
Cando toquedes a peza a unha velocidade real, normalmente empregaredes a corda ao ar, pero compre estudala co 4º dedo para que vaia collendo forza.

Versión de Malvela (Do M)
Malvela 
As Malvela representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra. Cando hai máis de dez anos estas mulleres de Sanguiñeda (Mos) se xuntaron nun curso de canto impartido por Uxía, non podían nin imaxinar que chegarían a ser unha referencia da nosa música e que pasearían o seu ritmo e a súa alegría por teatros, festivais, verbenas e televisións.


Letra:
O galo cando canta é día,
é día, é día;
o galo cando canta é día,
vamos de baranda,
vamos todo o día.

E como somos tan gandules,
gandules,gandules;
e como somos tan gandules
vamos de baranda
de sábado a lunes.

E como somos da ribeira,
ribeira, ribeira;
e como somos da ribeira
vamos de baranda
a semana enteira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario