Seguidores

5/13/2020

ETRADCOVID19. Violín folk medio/avanzado. Jota RIOMAO

ETRADCOVID19. Nova entrada na aula de Violín Folk. Todos os Ciclos. 9º Boletín

Preme no seguinte enlace para ir á PARTITURA INTERACTIVA DA JOTA DE RIOMAO

Esta jota, composta por Xoaquín Freixeiro está a ser moi popular entre os intérpretes de moitos instrumentos , a parte da gaita, para quen foi composta. Veleiquí uns cantos exemplos da jota en distintas tonalidades e con distintas interpretacións e ornamentacións.
Versión para requinta  SIm  (XOSE LIZ, con explicación previa)
Versión acordeón diatónico DOm (ACORDEONISTAS DA CORUÑA)
Versión violíns &guitarra SOLm (DADGA)
Versión cuarteto de gaitas Rem (FOL DE COIRO)


A tonalidade de Rem é a máis cómoda para interpretala co violín, xa que o arranque cromátco desta peza é máis doado cando coincide toda a frase na mesma corda.
PARTITURA MUSESCORE
Xoaquín Freixeiro: Nado en Vigo no ano 1962, comezou a tocar a gaita no ano 1976 dun xeito autodidacta. No 78 entrou a formar parte do grupo de gaitas do Ballet Galego de Maruja Méndez, de Barreiro, Vigo, formación na que permanece deica o ano 82 no que marcha ao servizo militar.
Á volta entra xunto a Ramón Rey e Ramón Duarte no cuarteto “Os Toxos do Monte”, que tocaban, entre outras formacións para o grupo de baile “Lembranzas Nosas” da Sociedade Cultural do Calvario, en Vigo. Tamén son anos de formación no Conservatorio de Música de Vigo que daquela tiña como profesor de gaita a Xaime Estévez.
No ano 95, por razóns de traballo, pasa a vivir no Barco de Valdeorras, e a relación musical cos Toxos do Monte, por mor da distancia, vaise facendo cada vez menos intensa, ata a súa extinción ala polo ano 2002, quedando uns anos apartado do mundo gaiteiro.
Na actualidade, dende o ano 2011, forma parte de Tornaxeira, sexteto de base tradicional no que toca a zanfona, proxecto artellado ao redor de Manolo Durán, director da banda de gaitas Abertal da Rúa de Valdeorras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario