Violín Medio
Muiñeira do cancioneiro de Perfecto Feijoó
Unha nova muiñeira nova. Pertenece ao cancioneiro do coro Aires da Terra, que foi publicado por J.Luís Calle. Un cancioneiro indispensable para os amantes da música galega, e que contén o cancioneiro de D.Perfecto Feijoó, o boticario de Pontevedra e director do Coro. Ademáis neste libro inclúense ademáis das partituras manuscritas, fotos de muy alta calidade e uns textos que nos permiten coñecer a vida deste senlleiro coro tradicional, que foi o referente tralo cal se crearon moitos coros dun estilo semellante en toda Galicia.
Nado en 1883, Aires da Terra foi un coro popular cuxo nome pode poñerse en relación con Aires da miña terra, de Curros Henríquez. Aires da Terra foi orixinalmente un grupo reducido de coñecidos, que se reunían na botica pontevedresa de Perfecto Feijóo, na praza da Peregrina. Lanzaron á sociedade do seu tempo a mensaxe de que a Galicia rural, non era debedora de condescendencia nin merecía o desdén co que se a trataba: confiaban nos seus valores e querían que fosen coñecidos e respectados[1].
ESta muiñeira foi gravada co nome de "Vinde rapazas" por Treixadura no seu segundo disco, Unha noite no muiño. Tamén a podedes escoitar nunha versión moito máis ecléctica por Roi Casal, quen a incluíu no seu primeiro disco "Lendas Douradas" co nome de "O voso cantar"
Partitura en Musescore






























Diego Galaz é un violinista atípico. O seu son é persoal e único, e a súa forma de entender o instrumento representa a unha nova escola practicamente inexistente anteriormente no noso país. Membro da mítica banda de música A Musgaña, coa que tocou por máis dunha vintena de países, e violinista da orquestra de Nacho Mastretta, é fundador de bandas como "Zoobazar, A apaixonante música de cinema xunto a Luís Delgado e Cuco Pérez, Bailes Vespertinos ou o dúo Fetén Fetén. Tocou xunto a artistas da talla de Kroke, Marta Sebestyen ,Alasdair Fraser,Kepa Junkera, Jorge Drexler, Cormac Breatnach, Paixón Veiga..etc. Comparte a súa faceta de intérprete coa de profesor, sendo mestre en dous dos Fiddle Camp que dirixe o prestixioso violinista Alasdair Fraser: Sierra fiddle camp en California Crisol de Corda en España, ademais de impartir cursos e clases maxistrais en diferentes centros de ensino musical, como, por exemplo, a Escola de Música Creativa de Madrid ou a aula de Musica Tradicional I Popular de Barcelona. Tamén compuxo música para bandas sonoras como Alén da rúa, de Liño Varela e para espectáculos de danza , e as súas composicións pódense escoitar en museos como o Museo da Transhumancia ou o Museo dos Castros celtas, en Soria. Diego Galaz é o director artístico e creador do Festival de Intérpretes e Instrumentos Insólitos de Burgos, o único deste tipo en España. A súa paixón son os Violíns trompeta e tocar o serrucho pola mañá.




