ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk
Clases de violín galego en Oregon (USA)
Durante esta semana, do 20 ao 25 de Abril, o mestre de violín folk da E-trad está a impartir clases de violín galego na plataforma educativa internacional Fiddle Quest, coa que Alfonso Franco colabora dende hai varios anos. Afincada en Oregon, esta escola ten alumnos de todo o planeta, e desenvolve un sistema de ensino do fiddle baseado na transmisión oral ao 80%, tendo como obxectivo primeiro acostumar aos seus alumnos, dende o seu comezo, a desenvolver a capacidade de aprendizaxe prescindindo das partituras. Nela colaboran grandes violinistas de distintas partes do mundo, podedes asistir ás súas aulas gratuitamente durante o tempo que dure a cuarentena.
Por mor da situación do COVID19, as aulas son totalmente gratuítas.
Cada día da semana de 20:00/20:30h (Madrid)
As clases son impartidas en espanglish 😅
Moi recomendables.
ResponderEliminarFantástica opción para estes días. Graciñas¡¡¡
ResponderEliminarOportunidade unica pra participar nunha clase global. Profesores de USA, Suecia, Galicia....dende a miña casa! Moitas gracias Concello de Vigo por darnos esta facilidade!
ResponderEliminarAbsolutamente recomendable.
Xenial iniciativa do noso profesor para manternos unidos polo que máis nos gusta, o violín folk....graciñas Alfonso!!
ResponderEliminarQue honra levar a nosa música a todo o mundo.
ResponderEliminarEsto es un verdadero lujo... gracias Alfonso por hacerlo posible
ResponderEliminar