VIOLÍN FOLK Medio
POLSKA
Slangspolska effer del Kalle

A polska ten un intrincado pero fluído ritmo ternario, nalgúns casos de extraordinaria complexidade similar ao que se pode achar na danza dos paises balcanicos.
Väsen É unha banda de música folk sueca orixinaria de Uppsala. Orixinalmente formada por Olov Johansson (nyckelharpa), Mikael Marin (viola) e Roger Tallroth (guitarra). Recentemente publicaron unha longametraxe coma homenaxe aos seus 30 anos de carreira. Premendo aquí podedes botarlle unha ollada ao seu trailer.
A Banda das Crechas é unha agrupación residente nun coñecido pub dre Santiago de Compostela que cada mércores se xunta para facer unha foliada no local. Teñen gravados dous discos, e do primeiro deles, chamado ABDC, traemos esta polska que versionaron do grupo sueco Väsen.
PARTITURA MUSESCORE
Divertidisimo este tema sueco!
ResponderEliminarUnha pasada e por a Banda das Crechas ainda me gosta mais.
ResponderEliminarMoitas gracias a ETRAD e sobre todo moitas gracias Alfonso. O blog é unha marabilla e as pezas fermosísimas. Moitas gracias por este gran traballo que estás a facer e por axudar a manter os teus alumnos e ex-alumnos motivados en todo momento. Estes tempos de confinamento son moito mais doados de levar gracias a estas iniciativas xeniais que tes. Todo un luxo ter un profe así.
ResponderEliminar