Seguidores

6/09/2020

ETRADCOVID19. AULA DE VIOLÍN. Primeiros pasos no violín. "As 12 prohibicións" IV

Primeiros pasos no violín. "As 12 prohibicións" (IV)


Seguimos coas tres seguintes cousas que non debes de facer cando empezas a tocar o violín, e que por suposto, debes de correxir se non as tiveches en conta nos teus primeiros pasos.


1- Non subas o ombreiro esquerdo
2- Non adiantes o pescozo
3- Non inclines a man esquerda
4- Non movas o brazo cando toques no centro do arco
5- Non deixes o codo abaixo cando toques nas cordas Re e Sol
6- Non subas o ombreiro dereito cando toques
7- Non perdas a perpendicularidade entre arco e cordas
8- Non sitúes o arco enriba do diapasón cando toques
9- Non pases o arco sen premer nas cerdas




ETRADCOVID19 AULA DE VIOLÍN. BÁSICO E MEDIO. 13º Boletín

ROC´H MORRANGE


Despedimos estes 3 meses COVID19 cunha peza que sempre me gustou moito e que foi unha das que primeiro empecei a tocar. Está en FA maior. Tocada en SolM é máis doada, pero xa levamos moitas pezas nesta tonalidade, así que escollín esta peza bretona para que non se vos oxide o Sib 😅.

No ano 1984 Milladoiro gravou o seu 4º album chamado Solfafría. Entre moitas das pezas que hoxe en día son fundamentáis no repertorio de música folk galego estaba esta versión dunha peza bretona. Chámase ROC´H MORANGE e procede do repertorio da Bagad Kemper, unha das máis importantes agrupacións de gaitas da Bretaña francesa. As agrupacións de gaitas bretonas son froito da contaminación inducida dende o governo para adecuar a tradición aos seus intereses políticos. Así, dado que as gaitas bretonas: "O Biniou" e as "Bombardas" són instrumentos aparentemente "pouco vistoso", decidiron que a incorporación de gaitas escocesas lle daría unha imaxen moito máis digan aos desfiles.
Asi mesmo, a incorporación dos instrumentos de percusión de alta tensión acabaron por crear un tipo de agrupacións que co tempo chegaron a ser o referente da música bretona no mundo, cando en realidade máis da metade desta está formada por instrumentos contemporáneos escoceses. 

Galicia, a fináis de século tamén estivo moi perto de sufrir o mesmo expolio. Milleiros de gaiteiros subvencionados pola Deputación de Ourense, e o apoio da Xunta de Galicia comezaron a instaurar un novo modelo de gaita, "marcial", que xunto coa percusión de alta tensión e con vestimentas que nada teñen que ver coas tradicionáis galegas, se convertiron na imaxe da música de gaita internacional. A Real Banda de Gaitas de Ourense durante unha década empezou a espallarse por toda a xeografía, pero afortunadamente os milleiros de músicos tradicionáis, sobre todo nas Rías Baixas, opostos a que este novo modelo de agrupación de gaitas fora mostrado como "tradicional", puxéronse en pe de guerra e durante o que se denominou "A guerra das gaitas" conseguiron frear este despropósito.


6/02/2020

ETRADCOVID19.AULA DE VIOLÍN FOLK. Medio. 250 to Vigo. Boletín 12º

ETRADCOVID19.Aula de violín folk. Medio . Boletín 12º
 250 to Vigo (Angus Grant)


PREME NO ENLACE PARA ACCEDER Á PARTITURA INTERACTIVA

Versión COVID Shooglenifty

Shooglenifty son unha banda escocesa de Edimburgo .A banda combina a música tradicional escocesa con influencias que van desde a electrónica ao rock alternativo. A banda actuou por todo o mundo, para personalidades tan importantes como o príncipe Carlos , Tony Blair , Nelson Mandela , e o emperador Akihito de Xapón.
Varios dos membros da banda tocaran xuntos en Swamptrash .
Angus R. Grant, violinista e líder da banda, morreu en outubro de 2016 á idade de 49. Eilidh Shaw uniuse á banda no violín despois da morte de Grant.

Ten desde hai moitos anos un vínculo moi grande con Galicia, especialmente coa Banda dás Crechas e nos últimos anos coas Tanxugueiras, con quenes veñen de gravar un single en Xaneiro do 2019.

ETRADCOVID19. AULA DE VIOLÍN FOLK. Medio. Leaving JP. 12ºBoletín

ETRADCOVID19. Aula de violín folk. Boletín 12º 
Medio. Leaving JP (Hanneke Cassel)

ETRADCOVID19. AULA DE VIOLÍN FOLK. Básico.Aparta loureiro verde. Boletín 12º

ETRADCOVID19. AULA DE VIOLÍN FOLK. 12º Boletín
Básico.Aparta loureiro verde 

Un fermoso valse tradicional que se fixo moi popular co nome de "Camariñas", trala versión de X.Luís Blanco.
El Royal Albert Hall de Londres enmudeció al escuchar la versión de Camariñas interpretada por la escocesa Julie Fowlis. Acompañada por la orquesta sinfónica de la BBC cantó en gallego y en gaélico este tema. Con los ojos cerrados emocionó al público con esta versión que ya está incluida en el último disco de la artista.
Julie Fowlis creció en  North Uist, una isla de las Hébridas Exteriores, una comunidad de mayoría gaélicohablante. Esta intérprete de música celta canta principalmente en gaélico escocés. 
En un viaje a Galicia hace ya una década escuchó y cantó por primera vez Camariñas con Rosa Cedrón y decidió incluirla es su disco Alterum.





Versión de Rosa Cedrón. Fermosísima interpretación de Rosa acompañada no violín polo seu inmán Javier Cedrón, un dos máis importantes violinistas da música popular galega. Ambos son excompoñentes de Luar na Lubre da súa etapa máis gloriosa, que coincidiu coa gravación do seu disco "Plenilunio"







Ao pasar por Camariñas                                          

Por Camariñas, cantando
Ao pasar por Camariñas
PorCamariñas, cantando


As nenas de Camariñas
Quedan no río lavando
As nenas de Camariñas

Quedan no río lavando

Camariñas, Camariñas
Xa me vas camariñando
Camariñas, Camariñas
Xa me vas camariñando

Por unha de Camariñas
Vivo no mundo penando
Por unha de Camariñas
Vivo no mundo penando

Por unha de Camariñas
Vivo no mundo penando
Por unha de Camariñas
Vivo no mundo penando
Aparta loureiro verde
deixa clarea-la lúa
que estou no medio do mare
non vexo cousa ningunha.

Vivir na Coruña que bonito é,
andar de varanda e durmir de pé 
e durmir de pé e durmir de pé           
vivir na Coruña que bonito é!

Arrimeime a ti loureiro,
pensando que eras calado,
loureiro larapeteiro,
todo o tés larapetado. 

5/26/2020

ETRADCOVID19. Aula de violín folk Primeiros pasos no violín. "As 12 prohibicións" III

ETRADCOVID19. Aula de violín folk
Primeiros pasos no violín. "As 12 prohibicións" III
Seguimos coas tres seguintes cousas que non debes de facer cando empezas a tocar o violín, e que por suposto, debes de correxir se non as tiveches en conta nos teus primeiros pasos.


1- Non subas o ombreiro esquerdo
2- Non adiantes o pescozo
3- Non inclines a man esquerda
4- Non movas o brazo cando toques no centro do arco
5- Non deixes o codo abaixo cando toques nas cordas Re e Sol
6- Non subas o ombreiro dereito cando toques

ETRADCOVID19. Aula de Violín. BÁSICO. Na boca do demo. Os Campaneiros. 11º Boletín

ETRADCOVID19.Aula de Violín folk.
Na boca do demo
Preme no link para ir á partitura interactiva

Versión de Riobó. Na versión da banda de Begoña Riobó  "Riobó" podedes escoitar unha interesante adptación da peza en tono de MI menor.
Versión de Rodrigo Romaní: Versión para dúo de arpas e percusión.
BIOGRAFÍA DOS CAMPANEIROS

5/19/2020

ETRADCOVID19 . Aula de Violín Folk
Violín MEDIO.
Requinteada de Paulino PARTITURA INTERACTIVA
Repertorio de "Os Cempés"
Jota procedente do disco Opa gravado en directo polos Cempés, xunto coa xota de Acevedo, tamén composta polo gaiteio de Ferrol Paulino.

5/18/2020

ETRACOVID19. Aula de Violín Folk. Frank´s Reel

ETRACOVID19. Aula de Violín Folk
Violín Medio/Avanzado
Frank´s Reel. John McCusker
Preme no enlace para acceder á partitura interactiva

John McCusker é un músico folk escocés, produtor e compositor discográfico.  Foi membro da Battlefield Band na década dos noventa e posteriormente foi membro e produtor da cantante folk Kate Rusby. 
Versión orixinal de John McCusker
Versión de John McCusker con John Doyle y McGoldrick
Versión de Alasdair Fraser & Natalie Haas


PARTITURA MUSESCORE

ETRADCOVID19 . Aula de Violín Folk Violín INICIACIÓN . O GALO

ETRADCOVID19 . Aula de Violín Folk
Violín INICIACIÓN
Pasodoble "O GALO"
Preme para acceder á partitura interactiva
Un pasodoble moi tocado pola bisbarra de Vigo e que pertence ao repertorio dos Campaneiros de Vilagarcía

Esta coñecida peza vainos server para  traballar o 4º dedo, que normalmente adoitamos sustituilo pola corda ao ar.
Esta sinxela peza, que se pode tocar nunha sóa corda , unha vez aprendida na tonalidade de DO MAIOR (sobre a 3ª corda RE) , ímola empregar para traballar en Sol M (Sobre a 2ªcorda LA)  e en REM (sobre a corda 1ª MI)
Cando toquedes a peza a unha velocidade real, normalmente empregaredes a corda ao ar, pero compre estudala co 4º dedo para que vaia collendo forza.

Versión de Malvela (Do M)
Malvela 
As Malvela representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra. Cando hai máis de dez anos estas mulleres de Sanguiñeda (Mos) se xuntaron nun curso de canto impartido por Uxía, non podían nin imaxinar que chegarían a ser unha referencia da nosa música e que pasearían o seu ritmo e a súa alegría por teatros, festivais, verbenas e televisións.


Letra:
O galo cando canta é día,
é día, é día;
o galo cando canta é día,
vamos de baranda,
vamos todo o día.

E como somos tan gandules,
gandules,gandules;
e como somos tan gandules
vamos de baranda
de sábado a lunes.

E como somos da ribeira,
ribeira, ribeira;
e como somos da ribeira
vamos de baranda
a semana enteira.

ETRADCOVID19. Aula de violín folk. Danza do Rosal

ETRADCOVID19. Aula de violín folk.
DANZA DO ROSAL. Básico

Preme para acceder á PARTITURA INTERACTIVA

PARTITURA MUSESCORE

Versión Os Cempés (DoM)
Os Cempés foi un grupo musical de folk galego formado en 1992 en Ferrol.









Versión de Miro casabella (SolM)
Ramiro Cecilio Domingo Casabella López, mais coñecido como Miro Casabella, nasceu em Ferreira do Valadouro, a 30 de agosto de 1946. É um músico galego, que integrou no inicio da sua carreira o colectivo “Voces ceibes”, e posteriormente o grupo de folclore DOA.













Versión dúo de Gaita de Cana. David Bellas (Sib...)