Seguidores

6/09/2020

ETRADCOVID19 AULA DE VIOLÍN. BÁSICO E MEDIO. 13º Boletín

ROC´H MORRANGE


Despedimos estes 3 meses COVID19 cunha peza que sempre me gustou moito e que foi unha das que primeiro empecei a tocar. Está en FA maior. Tocada en SolM é máis doada, pero xa levamos moitas pezas nesta tonalidade, así que escollín esta peza bretona para que non se vos oxide o Sib 😅.

No ano 1984 Milladoiro gravou o seu 4º album chamado Solfafría. Entre moitas das pezas que hoxe en día son fundamentáis no repertorio de música folk galego estaba esta versión dunha peza bretona. Chámase ROC´H MORANGE e procede do repertorio da Bagad Kemper, unha das máis importantes agrupacións de gaitas da Bretaña francesa. As agrupacións de gaitas bretonas son froito da contaminación inducida dende o governo para adecuar a tradición aos seus intereses políticos. Así, dado que as gaitas bretonas: "O Biniou" e as "Bombardas" són instrumentos aparentemente "pouco vistoso", decidiron que a incorporación de gaitas escocesas lle daría unha imaxen moito máis digan aos desfiles.
Asi mesmo, a incorporación dos instrumentos de percusión de alta tensión acabaron por crear un tipo de agrupacións que co tempo chegaron a ser o referente da música bretona no mundo, cando en realidade máis da metade desta está formada por instrumentos contemporáneos escoceses. 

Galicia, a fináis de século tamén estivo moi perto de sufrir o mesmo expolio. Milleiros de gaiteiros subvencionados pola Deputación de Ourense, e o apoio da Xunta de Galicia comezaron a instaurar un novo modelo de gaita, "marcial", que xunto coa percusión de alta tensión e con vestimentas que nada teñen que ver coas tradicionáis galegas, se convertiron na imaxe da música de gaita internacional. A Real Banda de Gaitas de Ourense durante unha década empezou a espallarse por toda a xeografía, pero afortunadamente os milleiros de músicos tradicionáis, sobre todo nas Rías Baixas, opostos a que este novo modelo de agrupación de gaitas fora mostrado como "tradicional", puxéronse en pe de guerra e durante o que se denominou "A guerra das gaitas" conseguiron frear este despropósito.


6 comentarios:

  1. Me encanta. Gracias, muchas gracias.

    ResponderEliminar
  2. Pena que xa termine. Parabéns a todos as mestras, mestres e persoal da ETRAD que fixeron posible co seu traballo e esforzo, que o curso finalizase coma se nada pasase desde o punto de vista dos ensinos musicais.
    Moitas grazas

    ResponderEliminar
  3. Nesta peza non me vai o son...¿son a única?

    ResponderEliminar
  4. Non é por desmerecer á gaita pero estou segura que co violín vai gañar moito, eh?

    ResponderEliminar
  5. Acabo de ver en youtube unha actuación da banda de gaitas da diputación de ourense.
    Piiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii

    ResponderEliminar