ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
Básico 1º e 2º
Valse de Taramundi
Un fermoso valse popularizado pola gaiteira Susana Seivane no seu primeiro disco, na miña opinión o mellor da súa carreira. Foi producido polo director da ETRAD, Rodrigo Romaní.
Comezamos a traballar na tonalidade de DO Maior.
- Antes de traballar a melodía, compre practicar a escala de DO. No exercicio adxunto veredes que hai distintas posibilidades de tocar a escala de Do.NOn esquezades poñer o metrónomo en 100
- Atentos ao DO natural (poño o sígno BECUADRO) para que non vos despistedes co DO#, que foi o DO que tocamos ata agora. (En Do Maior o dedo 1 da corda La está pegado ao dedo 2)
- Comezamos a traballar o 4º dedo. Ollo, só o empregamos cando subimos na escala, polo que cando veñamos de volta veredes que aparece un "0" sobre os RE e os LA, para que toques a corda ao aire
- Atentos ás ligaduras.
- Non esquezades que ao rematar a primeira frase, cado repite dende o principio, temos que levar rápidamente o arco hacia a parte baixa do mesmo, xa que coinciden dous arcos abaixo, porque na última nota DO agotamos o arco e temos que ir hacia o talón para comezar de novo a melodía co arco hacia abaixo.
PARTITURA INTERACTIVA E VÍDEO
No hay comentarios:
Publicar un comentario