ETRADCOVID19. Aula de Violín Folk.
Básico. Curso Preparatorio de violín folk
A regueifa vídeo
Que é a Regueifa e cal é a súa orixe?
A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral, se perde na noite dos tempos. A súa referencia máis próxima a nós di que durante o banquete das vodas campesiñas era tradición que a parella ou a madriña d@s acabad@s de casar puxese a disposición d@s que non foran convidad@s á celebración un bolo de pan chamado “regueifa”. Ademais, a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartir a regueifa, molete ou biscachón entre @s presentes era retarse dialecticamente entre el@s, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.
- Esta é a primeira Jota que imos aprender. É moi sinxela e se toca únicamente nunha corda
- Antes de comezar a aprender esta peza, tendes que practicar o patrón rítmico da Jota, para interiolizalo.
- A primeira parte, que lle chamamos A, é máis enérxica e ten un ritmo de Jota moi marcado, que corresponde no baile á parte do "punto".
- Nesta parte tendes que empregar dobles cordas. A nota que empregamos como dobre corda corresponde á LA. Observade que sempre aparece na primeira parte do compás, reforzando o acento.
- Na segunda parte, máis lírica, corresponde ao canto, e no baile á "volta". Aquí empregaremos un arco maior.
- Vedes que na primeira parte as dúas voces tocan a unísono -os dous tocan o mesmo-, pero na segunda se desdoblan unha voz fai a de arriba e outra á de abaixo.